jueves, 15 de julio de 2010

ATA PRONTO


Pois iso que hoxe subín un montón de entradas, xa que vou a estar barado unha tempada. A razón é que rompín de novo o Tendón de Aquiles.. e xa é o segundo. Non sei se ten algunha relación coas aletas que levo usando toda a vida pero estou preocupado.
Saúdos a todos dende o meu sofá, onde vou a pasar o verán soñando coas miñas excursións sub.

Especimen de CANGREXO MORUNO "Eriphia verrucosa "





Nunca vira ningún como este.. atopeino na caliña de sempre da Ría de Pontevedra. Despois atopei outra pinza de outro colega. Ten pinzas semellantes ás dos bois e debe ocupar os sitios das nécoras....non debe ser moi habitual por aqui porque é o primeiro que me atopo

Xogando cun Chopo




Estaba cazando e deixouse ata tocar.. gravei uns videos que tamén colgarei

Boca dunha esponxa?


Realmente é un pouco terrorífica e semellase a cando no " retorno do yedi" había unha boca similar no medio das areas do deserto, e Joda quería tirar nela a Luke Skywalker...

Lubinas cazando

Pequenas Ascidias transparentes



Gracias a Jorge Ucera pola información sobre o tipo de animal...

Peixe Porco-Pez Ballesta

Solla


Aínda que pareza que non, é complicado que posen un rato...

martes, 8 de junio de 2010

Desaparece a LAMINARIA?



Quero compartir con todo/as unha preocupación que levo tempo escoitando en diversas fontes e que realmente comenza a verse cada vez mais, a posible desaparición dos Bosques de Laminaria ou Golfeiras das nosas augas de Galicia.Dende pequeno puden sumerxirme nestes fermosos bosques,sobre todo na ría de Muros.De uns anos a ista parte istes bosques son cada vez menos imponentes e densos.
De repente, ista primavera nunha caliña da ría de Pontevedra en donde fai algún tempo fago fotosub,atopei todas as rochas peladas coma si fora inverno e únicamente restos dos tallos da laminaria en total descomposición.Parece un fenómeno debido a contaminación ou a subida da temperatura da auga, que é a causa mais temible supoño.

Pois ben, iste pasado domingo dia 7, fun facer fotos nun sitio que nunca fora.Tratase do Portiño,nas aforas da Coruña. Recorrín unha zona de canais recollida do mar aberto bastante amplia e atopei algo preocupante.Toda a laminaria da zona estaba aniquilada a supoño " mordiscos" de peixes, penso que de inmensos bancos pode ser que de " SALPAS" ainda que curiosamente non vin a primeira.Non sei que pensar pero realmente e unha das primeiras veces que me atopo con tanta desfeita....poño unhas fotos da excursión sub