miércoles, 7 de octubre de 2009

jueves, 17 de septiembre de 2009

Peixe e Polvo



Fixádevos no peixe que parece que non ten problemas en compartir recuncho con iste xoven polvo..É un pez non moi habitual,a ver si me axudades a identificalo..aínda que paréceme outro pez ventosa(lepadogaster candollei) con outra coloración...ou quizas femia.

Primeiro Plano

Pulpiños



Iste ano hai poucos... istes dous eran veciños

Lubina na area

lunes, 7 de septiembre de 2009

CHOPO no Obxectivo

De novo outro PEIXE VENTOSA



Iste estaba nunha rocha, preto da zona donde vin o anterior ainda que é mais xoven.. Neste apréciase moi ben a ventosa e a sua posición natural pareceme que debe ser a da foto de abaixo en donde vémolo boca arriba..

Anémonas, esponxas e outros




miércoles, 19 de agosto de 2009

PRESAS NO AZUL


Nudibranquio




Estou un pouco vago co blog.. e con iste ordenador de verano....Iste exemplar mediría uns dous cm.. foi sacada nunha cala de Sanxenxo, na ría de Pontevedra..

viernes, 14 de agosto de 2009

LUBINAS das ONS

As Lubinas estaban preto da orilla na Praia de Melide na Illa de Ons. A calidade do video e das fotos non é boa porque a camara pola "lei de Murfi" no momento que atopei bonitos Robalos se empañou .. pero deixo o video no que se aprecia a iste bonito exemplar.. voltarei e espero facer mellores fotos...

E tamén un veciño da casa amarela

Supoño que serán corais brandos ou esponxas o que tapiza a fachada da casa dista outra blenia.

jueves, 6 de agosto de 2009

domingo, 26 de julio de 2009

A famosa " Faneca Brava"


É unha reina do camufraxe na area. Entérrase e deixa o aguillón negro que vedes da sua aleta dorsal semienterrada. Ista é a que nos pisamos e o cabo dun rato choramos de dor....

lunes, 13 de julio de 2009

domingo, 12 de julio de 2009

O PEIXE VENTOSA-"LEPADOGASTER CANDOLLEI"


















Fai moitos anos pareceume ver un...Tiña outros cores mais apagados ou é que a grieta era mais oscura, pero pareceume unha mezcla de ran e de peixe, e realmente quedei impactado...
Iste atopeino nunha grieta moi estreita nunha caliña da ría de Pontevedra.
É un peixe pequeno e a verdade non sabía que especie é, ainda que indagando partindo da axuda de Jorge Ucera do blog " La grandeza del Azul" atopei a familia... chamanlle tamen "Chafarrocas"
Na seguinte entrada engado un video para que o vexades en acción

Foto paisaxe

Mexillóns na pleamar


Fixádevos nas brilantes cores azuis das barbas

Un Serrán de vivos cores-"Symphodus melops"


Se fora no caribe sería unha especie de Pez Loro...

domingo, 17 de mayo de 2009

Cabaliño de Mar "Hippocampus guttulatus"


Facía moito tempo que non atopaba un..este precioso exemplar estaba nunha pradeira nas algas japónicas....






Colores de especies de blenias das rocas-Tripterygion delaisi







Vida na laminaria







martes, 12 de mayo de 2009

Campeonato Galego de Fotocazasub 2009












































O campeonato organizóuse no Club Nautico de Sanxenxo de maneira excelente e foron moi amables e xenerosos con regalos e demais.Organizárono conxuntamente cos meus amigos da revista ESPACIOSUB. A proba foi na parte da praia de Melide nas Illas ONS e as condicións do mar eran boas, ainda que a visibilidade non o era tanto.Aqui vos inclúo algunha das fotos que fixen aínda que so puntuaban os peixes....