martes, 8 de junio de 2010

Desaparece a LAMINARIA?



Quero compartir con todo/as unha preocupación que levo tempo escoitando en diversas fontes e que realmente comenza a verse cada vez mais, a posible desaparición dos Bosques de Laminaria ou Golfeiras das nosas augas de Galicia.Dende pequeno puden sumerxirme nestes fermosos bosques,sobre todo na ría de Muros.De uns anos a ista parte istes bosques son cada vez menos imponentes e densos.
De repente, ista primavera nunha caliña da ría de Pontevedra en donde fai algún tempo fago fotosub,atopei todas as rochas peladas coma si fora inverno e únicamente restos dos tallos da laminaria en total descomposición.Parece un fenómeno debido a contaminación ou a subida da temperatura da auga, que é a causa mais temible supoño.

Pois ben, iste pasado domingo dia 7, fun facer fotos nun sitio que nunca fora.Tratase do Portiño,nas aforas da Coruña. Recorrín unha zona de canais recollida do mar aberto bastante amplia e atopei algo preocupante.Toda a laminaria da zona estaba aniquilada a supoño " mordiscos" de peixes, penso que de inmensos bancos pode ser que de " SALPAS" ainda que curiosamente non vin a primeira.Non sei que pensar pero realmente e unha das primeiras veces que me atopo con tanta desfeita....poño unhas fotos da excursión sub

No hay comentarios: